Saturday 04 de May de 2024

Sae a contratación a reforma integral da avenida Santa Cristina por 1,6 millóns


A remodelación da Avenida Santa Cristina, impulsada e demandada por Alternativa dos Veciños na Deputación provincial, será unha realidade nos próximos meses. Despois de 2 anos de trámites e atrasos no proceso de contratación, a Deputación ten aberta a licitación da obra.

As xestións realizadas polo alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane, durante estes últimos anos para que a remodelación dunha das avenidas máis senlleiras do Concello de Oleiros sexa unha realidade darán os seus froitos en próximos meses. O proxecto de mellora contempla a instalación de novo pavimento nas beirarrúas, a instalación de novo alumeado público, dotación de mobiliario urbano, pasos de peóns sobreelevados, a creación dun espazo adoquinado na actual zona da Praza Afundida ademais de desaparecer a emblemática mediana da principal arteira de tráfico deste núcleo da parroquia de Perillo.

Os traballos contan cun orzamento de 1,6 millóns de euros que serán sufragados pola Deputación Provincial da Coruña. Paralelamente, o Concello abordará tamén as reurbanizacións das rúas Humboldt e Linneo por importe de 480.830,50 euros.

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/04_Sj9CPykssy0xPLMnMz0vMAfIjU1JTC3Iy87KtUlJLEnNyUuNzMpMzSxKTgQr0w_Wj9KMyU1zLcvQjDZ3DA5wrDd28nNKyPNxMC709TRITy21t9Qtycx0BTLqCYA!!/